3 agosto, 2021
Seguindo o Método Máis ca vida nacido do documental que recibe o mesmo nome, o cineasta Rubén Riós escolle distintas localizacións en A Ribeira Sacra, As Rías Baixas e Portugal, concretamente en Águeda, para levar a cabo o traballo durante meses con mulleres vítimas de violencia de xénero e da soidade, que relatarán en primeira persoa os seus testemuños a través do documental MÁIS VIVAS. Posterior mente esas imaxes obtidas durante o proceso de gravación contribuirán dunha maneira indirecta á creación do guion dunha trama de ficción creada por e para elas onde a rea lidade e a ficción irán collidas pola man mediante a primeira longametraxe do director.
Os Concellos participantes, no seu compromiso coa nosa sociedade, consideraron a súa participación activa no desenvolvemento e na execución do proxecto de cara a impulsar medidas de visibilización a través do audiovisual, dunha maneira lúdica e cultural, que permitan erradicar todo tipo de violencia de xénero.
O director con amplos proxectos e coñecementos no ámbito da vulnerabilidade e exclu sión social despois de 15 anos de traballo, destaca con proxectos coma o documental MÁIS CA VIDA ligado a curtametraxe VIDA nacidas para romper barreiras e estereotipos no ámbito da discapacidade. Ambas foron gañadoras de multitude de galardóns entre os que destacamos o recente premio Europeo PRIX CIRCOM ás minorías sociais no que participan máis de unha trintena de países e a actual candidatura aos galardóns Celtic Media Festival.
Alerta