8 abril, 2024
“Trala xuntanza coa directora xeral de Xuventude, Cristina Pichel, e con representantes dos concellos da provincia para avanzar na elaboración do I Plan Estratéxico Provincial de Xuventude, chegou a quenda dos servizos da Deputación.
Deste xeito, o deputado provincial Jorge Cubela acaba de reunirse cos xefes das diferentes áreas da institución para coñecer, de primeira man, os programas dirixidos á mocidade e impulsar iniciativas de xeito efectivo e compartido para dar resposta ás necesidades e demandas existentes no ámbito xuvenil.
Desde a posta en funcionamento do servizo de Xuventude o goberno provincial ten xa en marcha numerosas iniciativas dirixidas á mocidade. Así, ademais da elaboración do I Plan Estratéxico Provincial de Xuventude e do programa “+Xuventude”, o servizo ten lanzado xa o programa “Vive O Rural” e está previsto que proximamente se publique unha liña de axudas para dotar os locais xuvenís dos concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia. Tamén está a traballar na creación dun espazo propio na web institucional con información de programas, iniciativas e recursos dirixidos á mocidade, na constitución do Consello Provincial de Xuventude e na organización dun Encontro Provincial de Xuventude e de mesas de traballo e xornadas técnicas de formación cos concellos.
Alerta