6 septiembre, 2024
O Director Xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado, visitou hoxe xunto a , María Ángeles Rouco Fernández a sede da Asociación Érguete en Vigo para coñecer de primeira man os seus programas, cos que atende máis de 8.000 persoas ao ano. “Facemos esta visita porque sabemos que en Érguete traballan moi ben e queremos seguir apoiando o seu gran traballo”, destacou Parrado.
A coordinadora da Asociación Érguete agradeceu a visita e o apoio da Xunta de Galicia co seu traballo e aproveitou para lembrar “do difícil que é para as nosas
persoas usuarias atopar vivenda en Vigo”. Incidiu en que a situación xa é moi complicada para a poboación en xeral, pero que é peor para o colectivo da entidade,
xa que normalizar unha vida despois dunha adicción é case imposible sen unha vivenda “na que vivir e ter un lugar seguro”.
Alerta