Acto do ingreso do doutor Bello López como membro numerario da Real Academia de Medicina de Galicia
28 noviembre, 2025
O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, destacou as achegas realizadas polo doutor Luis Bello López nos ámbitos da hematoloxía e das terapias avanzadas fronte ao cancro, na súa recepción como membro numerario da Real Academia de Medicina de Galicia.
Durante o acto, o responsable do departamento sanitario da Xunta remarcou a excelencia da carreira profesional e investigadora dun dos talentos máis destacados da comunidade científica galega.
Destaca a súa participación no primeiro transplante de medula ósea en Santiago de Compostela no ano 1993, e o seu papel clave na consolidación das terapias Car-T no hospital da capital de Galicia.
O ingreso do doutor Bello López a Real Academia de Medicina de Galicia engádese a outras distinción outorgadas ao longo da súa carreira e que o fixeron merecedor do ‘Título de Excelencia Galega en Ciencias e Medicina’ ou do ‘Premio Soledad Woessner’.
Segundo Gómez Caamaño, a Real Academia de Medicina incorpora de forma xusta a un facultativo que situou a sanidade galega á fronte da innovación e que deixou unha pegada duradeira nos servizos de hematoloxía, nos laboratorios e nunha xeración enteira de profesionais aos que formou.

Acto do ingreso do doutor Bello López como membro numerario da Real Academia de Medicina de Galicia

Acto do ingreso do doutor Bello López como membro numerario da Real Academia de Medicina de Galicia
Alerta