O festival “Algazara Danzando entre Culturas” namora a Ponteareas

Compartir
Festival Algazara. Fonte: Concello

O Concelleiro de Cultura, Fernando Groba, destaca o éxito de público dun evento que pon en valor a música tradicional do mundo.

 

De novo, como cada ano, a música tradicional de distintas culturas do mundo tivo a súa festa en Ponteareas. A última edición do festival “Algazara Danzando entre Culturas”, namorou a vila con música de México, de Cabo Verde e tamén de Galicia. O Concelleiro de Cultura, Fernando Groba, está “moi contento cos resultados do festival”, e afirma que foi “un éxito en asistencia e en calidade musical”, que se lle debe, en gran parte, ao “gran traballo da Agrupación Folklórica Algazara para sacar adiante esta festa da música internacional”.

 

Festival Algazara. Fonte: Concello

 

Tanto o Concello como Algazara, explican que sacar adiante este festival este ano foi difícil. A pandemia, tal e como pasou na pasada edición, complicou moito a presencia de grupos internacionais. Por iso, decidiron apostar por agrupacións de ritmos estranxeiros, pero afincadas en Galicia. África estivo representada polo grupo de orixe caboverdiana Batuko Tabanka e México polo grupo Mariachi Vigo. Foi unha aposta distinta á dos orixes do festival, pero que tamén tivo grandes resultados.

 

Festival Algazara. Fonte: Concello

 

O Concelleiro de Cultura explica que o éxito desta edición, pero tamén das anteriores, comeza a colocar ao festival como unha cita de relevancia para os amantes da música tradicional en Galicia, pero tamén para o público en xeral. “Estou seguro que o festival seguirá crecendo co traballo de Algazara e o apoio que sempre ofrecemos no Concello. Xa temos moitas ganas da vindeira edición”, concluíu Fernando Groba.