Peregrinos musicais. Fonte: Concello
13 septiembre, 2021
Na primeira cita, o día 16, actuarán os músicos finalistas do concurso internacional.
O cuarteto Matangi e a pianista Ilona Timchenko, serán os artistas que participarán no concerto do 20 de setembro.
Valga é unha das sete localidades galegas nas que se desenvolve a XI edición do Festival “Peregrinos Musicais”, que ten programados dous eventos para os vindeiros días no Auditorio Municipal.
O primeiro concerto terá lugar este xoves, día 16, e estará protagonizado por seis xóvenes promesas, que son os finalistas do concurso internacional “Peregrinos Musicais”.As actuacións darán comezo ás 22:30 horas e correrán a cargo de Sira Pellicer (saxofón), Xurxo Morales (saxofón), Alberto Sanz (violín), Emma Naegele (cello), Maddi Arriola (violín) e Alexandre Arurtyunyan (violín). Interpretarán obras de Chopin, Wieniawski e Tchaikovsky, entre outros, co acompañamento ao piano de Brais González.
A segunda actuación está fixada para o luns, día 20, tamén a partir das 20:30 horas. Subirán ao escenario o cuarteto holandés Matangi e a recoñecida pianista Ilona Timchenko, con máis de 20 premios ao longo da súa traxectoria e que actuou con algunha das orquestras máis prestixiosas de Europa. É, ademais, mestra do Centro Superior de Música de Valga.
As entradas para calquera dos dous concertos están á venda por un prezo de entre 6 e 9 euros.
Alerta