21 noviembre, 2021
Despois do parón do 2020 a causa do Covid, regresan a pista e o tobogán de xeo, os talleres de animación, os autos de choque e un sinfín de actividades a prezos populares.
O recinto feiral de Fexdega apura estes días a instalación de todas as atraccións con conforman o Fexturrón!, o gran parque de atraccións que animará o Nadal dende o vindeiro venres, 27 de novembro, ata o domingo 9 de xaneiro. A pista e o tobogán de xeo volverán a ser os principais reclamos, pero non faltarán clásicos como os autos de choque, os carruseis ou os trens. Igualmente, se repetirán os talleres de animación e, no seu regreso, o Fexturrón! incluirá tres novas atraccións, que serán presentadas, ao igual que o resto do programa, na vindeira semana.
O certame é posible grazas a colaboración das concellerías de Promoción Económica, de Cultura e de Xuventude, coa organización técnica de C&C, con amplísima experiencia neste tipo de eventos, e a colaboración das empresas Mafari e Iluminaciones Santiaguesas.
Con lixeiros axustes para favorecer as compras de billetes e o cambio de moedas, os prezos practicamente serán os mesmos e ao estar subvencionados polo concello, moi inferiores aos que rexen en calquera feira de atraccións durante o ano. Ademais, haberá contacontos, talleres, maxia e outras actividades de carácter gratuíto. Os horarios tamén serán os mesmos, con apertura pola mañás para a pista e o tobogán de xeo, e polas tardes para a totalidade das atraccións, con peche ás dez da noite. Así mesmo, haberá un apartado social, para facilitar que os membros de diversos colectivos con diversas discapacidades, Lar, Bata, etcétera, participen igualmente da animación do Nadal.
Como é lóxico pola situación epidemiolóxica no que nos atopamos, as medidas de seguridade serán estritas: o Fexturrón! gozará de máis espazo, e tamén de máis atraccións, con dispensadores de xel e numerosos monitores, para que pais e nenos desfruten das atraccións non entorno seguro.
Alerta