O Gastroespazo do Mercado de Abastos celebra esta fin de semana a I Festa dos Cogomelos

Compartir
Festa das setas. Fonte: Concello

O Gastroespazo do Mercado acollerá esta fin de semana a I Festa dos Cogomelos, organizada pola Asociación Gastronómica do Mercado en colaboración coa Concellería de Promoción Económica e Turismo, que dirixe a socialista Yoya Blanco.

O evento conta coa participación de sete establecementos do Espazo Gastronómico, que durante os vindeiros días 19, 20 e 21 de novembro elaborarán receitas cunha ducia de variedades de cogomelo.

A concelleira Yoya Blanco convida a tódolos pontevedreses “a aproveitar a tempada de cogomelos para probalos dun xeito moi diferente ao que están acostumados, e desfrutar coa familia e os amigos desta festividade culinaria”.