9 septiembre, 2024
O GDR Terra e Auga ten aberta a inscrición para o curso de “Iniciación e Mellora de gandería de vacún, ovino e caprino de carne que terá lugar os días 23, 25 e 30 de setembro e os días 2, 7 e 9 de outubro en horario de tarde de 16:00 a 20:00 horas. As persoas interesadas neste novo curso que oferta o GDR Terra e Auga e que está financiado co programa LEADER deben inscribirse no número de teléfono 986 663 329 ou enviando un correo electrónico ao enderzo gdr@gdrterraeauga.gal
Fiel aos piares da súa estratexia de crecemento o GDR mantén unha oferta contínua de cursos de formación que axuden a coñecer mellor os recursos do
territorio dos dez concellos do Condado Paradanta e Salceda de Caselas. As accións formativas están deseñadas co obxectivo de abrir novas vías de negocio sustentables e harmónicas co medio ambiente e de ofrecer formación actualizada para aqueles negocios xa establecidos.
O curso de gandaría afondará na situación do sector e tamén achegará coñecementos sobre alimentación, manexo reprodutivo e sistemas de producción, ademais de formar e informar sobre comercialización, prácticas básicas sanitarias, clima e cambio climático e solo e plantas. Tamén ofrecerá contidos sobre instalacións básicas para o manexo do gando, as cifras do sector, as axudas básicas e nocións para un plan básico de negocio.
Alerta