O Goberno de Vigo autoriza a rehabilitación do “edificio Ribas” en Marqués de Valladares

Compartir
Abel Caballero. Fonte: Concello

A Xerencia de Urbanismo deu luz verde este martes á licenza de obra nova e rehabilitación do proxecto de Marqués de Valladares 39, 41 e 43, que comprende un solar e o edificio Ribas.

 

O Alcalde explicou que o proxecto permitirá recuperar o “edificio Ribas”, que data dos anos 30, ideado por Francisco Castro Represas, unha mostra clave en Vigo do estilo racionalista, e unha “construción que será especialmente vixiada”, logo de levar décadas abandonada na esquina de Marqués de Valladares 43 e Colón 8. Amais autorízase a construción dun novo edificio no solar vacío de Marqués de Valladares 39 e 41.

Tal e como apuntou Abel Caballero, a promoción conta cos permisos de Patrimonio, dado que o solar conta con restos arqueolóxicos documentados na parte posterior do edificio. Trátase dun espazo de 227 metros cadrados que será cedido ao Concello para proceder á musealización dos vestixios históricos, que son “dos máis importantes que apareceron en Vigo”. Así, advirte o rexedor, o control arqueolóxico será “exhaustivo para que a construtora siga as instrucións de Patrimonio”.