O goberno de Vigo duplica nun ano os servizos do programa Coidadores de Barrio

Compartir
Abel Caballero. Fonte: Concello

Abel Caballero cualificou de “enorme éxito” o programa que atende as persoas que o necesitan e que non ten custo para os solicitantes. A partida orzamentaria para esta acción é de 530.500 euros.

 

O Concello atendeu a 204 persoas no mes de outubro co programa Coidadores de Barrio no que se realizaron 1.070 acompañamentos, o dobre que o ano anterior.

Durante o mes de outubro houbo 7 novas altas. Cinco desas persoas viven soas, ningunha ten recoñecida a discapacidade e atópanse na franxa de entre os 76 e 90 anos.

Caballero puxo de manifesto o traballo que fan os 29 coidadores “que móvense pola cidade atendendo á xente” e cualificou de “enorme éxito” o programa, do que maioritariamente benefícianse mulleres, xa que son o 80,49% das usuarias.

 

Axudas Emerxencia

O alcalde deu conta tamén da resolución da Comisión de Axudas de Emerxencia. Concedéronse 90 axudas por un importe de 14.543 euros, das cales adicáronse 29 para o alugueiro, 3 para créditos hipotecarios e 4 axudas para aloxamento.

“Ista é a nova forma de aplicar medidas de emerxencia social desde que entrou en vigor o Ingreso Mínimo Vital”, sinalou o rexedor. Explicou que “o Concello cubre as necesidades que xurdan a calquera cidadán sen necesidade dunha convocatoria que atrasa a percepción das axudas”.

En total a Comisión das Axudas de Emerxencia concedeu 15.433 axudas que beneficiaron a 46.299 persoas cun importe de 2.412.635 euros.