7 diciembre, 2023
”Respecto das declaracións do PP nas que acusa ao Goberno de Vigo de facilitarlle só tres días aos grupos de oposición para analizar o PXOM, o goberno local aclara que a convocatoria extraordinaria do Xerencia de Urbanismo do día 12 é para que o equipo redactor explique aos membros da comisión o documento, non para votalo.
Tal e como deberan saber os grupos da oposición, esta convocatoria é para darlle ao PP e ao BNG máis facilidades para coñecer o PXOM, neste período no que teñen acceso ao documento. No Consello do 12 de decembro non se vai someter a votación o Plan Xeral, senón que se vai facilitar información aos concelleiros membros da comisión.
O goberno local lamenta que o PP volva tratar de enganar á opinión pública acusando ao Goberno municipal de tramitación opaca cando a intención da Concellería de Urbanismo é precisamente favorecer ao máximo o coñecemento deste documento.
Alerta