Imaxe de arquivo dunha visita ás instalacións de As Travesas. Fonte: Concello
6 septiembre, 2021
Abel Caballero avanzou esta mañá o interese municipal por retomar o Programa Municipal de Escolas Deportivas en outubro, tal e como estaba previsto
Con ese obxectivo, insta á Xunta a adaptar a normativa covid a actual situación epidemiolóxica, de forma que se permita a actividade deportiva non federada
A actual normativa anticovid “practicamente imposibilita” o funcionamento das escolas deportivas municipais, que terían arrancar o próximo mes de outubro, dixo o rexedor en rolda de prensa.
Neste punto e coa vontade de poder retomar este programa, o Concello dirixiuse á Autoridade Sanitaria emprazándoa a adaptar este protocolo á actual situación, “cun proceso de vacinación moi avanzado xa”.
Caballero ofreceu a colaboración do Concello na elaboración dunha nova normativa que permita o comezo desta actividade deportiva o mes que vén.
WhatsApp us