23 agosto, 2024
O alcalde aprobó na Xunta de Goberno Local de hoxe as bases reguladoras e a convocatoria. Tamén se aprobó a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro que realizan programas de apoio ás mulleres
Abel Caballero informou que a Xunta de Goberno Local aprobará as bases reguladoras e a convocatoria das “Subvencións para o fomento do asociacionismo e da participación cidadá 2024” cun presuposto de 450.000€. A convocatoria divídese en catro programas de axuda:
O Concello “quere apoiar o asociacionismo” destinando 250.000 euros para os dous primeiros programas (gastos de mantemento) e 200.000 euros para os dous últimos (gastos de inversión). As axudas serán concedidas por concorrencia competitiva, a entidades veciñais e sociedades culturais sen ánimo de lucro nas actividades que realicen entre 16 de novembro de 2023 ata o 30 de setembro de 2024.
Subvencións a entidades que realizan programas de apoio as mulleres
O rexedor indicou que “mañá aprobaremos a proposta de concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro que realizan programas de apoio a mulleres no ano 2024, ao que destinamos un importe de 91.500 euros”. Concédense axudas a 44 entidades que traballan na cidade.
Alerta