20 agosto, 2021
O Grupo América remata os concertos na Xunqueira nunha xornada na que o Quixote máis circense pasará por Ravella.
As festas de San Roque chegan ao seu fin, e para despedilas ata o ano que ven, a Concellería de Cultura programou para mañá unha intensa axenda na que os espectáculos de rúa e a música serán os ingredientes principais.
O Festaclown recollerá a súa carpa mañá despois de deleitar ao público de todas as idades con dous espectáculos de mañá e outros dous de tarde, entre eles a versión circense do Quijote de Cervantes, coa que a compañía Pedras de Cartón obtivo o I Premio do Xurado do Festival de Teatro Clásico de Almagro.
Non faltará a temática social collida a través da ironía e humor máis surrealista dos Pallasos en Rebeldía, nin a espectacularidade do shown multidisciplinar “Save the Temazo”. Música de gaitas e o concerto do Grupo América poñen o colofón ao penúltimo día das festas.
AXENDA PARA O SÁBADO 21 AGOSTO
11:00 – Praza de Galicia- Festaclown Social: “Checkpoint Clown”.
Compañía: Pallasos en Rebeldía.
Tipo espectáculo: clown. Duración: 60 minutos.
Checkpoint Clown é unha animación social creada por Iván Prado que busca concienciar sobre as guerras e os conflitos partindo desde o foco do conflito palestino.
Dous peculiares soldados xogarán co público facéndoos pasar por un control fronteirizo cheo de humor e de confusión.
Entrada de balde ata completar aforo, 20 minutos antes da actuación.
12:30 – Praza Ravella Superroquiños: “Abracadaver “.
Compañía: Assircopatas.
Tipo espectáculo: circo Duración: 45 minutos.
Volve Rogelio cun espectáculo desde a súa casa. Unha cura colectiva para perder o medo. Unha terapia de choque. Cos números de circo máis terroríficos que xamais se viron e que nos porán os pelos de punta. Malabares, faquirismo, acordeón, equilibrios e moitas sorpresas máis non aptas para cardíacos.
Entrada de balde ata completar aforo, 20 minutos antes da actuación.
13:30 – Rúas da cidade- Pasacalles.
Grupo de gaitas Santa Plácida.
19:30 – Praza de Ravella Certame Festaclown: “Quixote”.
Compañía: Pedras de Cartón.
Tipo espectáculo: teatro Duración: 55 minutos.
I Premio do Xurado do Festival de Teatro Clásico de Almagro 2021.
Quixote é o segundo espectáculo de Pedras de Cartón. Desta volta afrontan o texto de Cervantes, un dos máis coñecidos da literatura española, en clave de comedia. Cunha estética inspirada no pallaso clásico (moi ao estilo Fellini) e en clave de clown, afrontan as escenas máis icónicas da novela, da relación antagónica entre Don Quixote e o seu escudeiro Sancho.
Un velocípedo no que vai montado Don Quixote será o Rocinante, e un triciclo no que irá montado Sancho será o peculiar Rucio, o asno de Sancho Panza.
Entrada de balde ata completar aforo, 20 minutos antes da actuación.
20:30 – Rúas da cidade- Pasacalles.
Grupo de gaitas Malveiras de Carril.
21:00 – Praza da II República. Mostra-Festaclown: “Save The Temazo”.
Compañía: Collectiu Frenetik.
Tipo espectáculo: circo e acrobacias Duración: 75 minutos.
Este proxecto mestura ficción, realidade e circo: trapecio voante, roda Cyr, danza vertical, o salto á piscina máis pequena do mundo, equilibrio sobre botellas e manipulación de obxectos son algúns dos elementos principais desta creación, así como o vídeo e a música.
O universo sonoro será creado en directo dende un set de DJ e altofalantes móbiles enmarcado por unha escenografía de 9 metros de altura.
Entrada de balde ata completar aforo, 20 minutos antes da actuación.
23:00 – Parque da Xunqueira CONCERTO: Grupo América.
Despois de 45 anos ininterrompidos de música en estrito directo, e tras un parón forzado pola pandemia da COVID-19, América retoma o camiño co mesmo rumbo, todos xuntos de novo, ofrecendo un espectáculo de dúas horas de concerto cos “Greatest Hits” das últimas xiras. Con cancións e grandes clásicos do rock e do pop que percorreron as nosas vidas dende os anos 70 ata os nosos días. Todo isto unido a un potente e rotundo directo que fai que o público conecte con nós dende o primeiro minuto ata o fin do concerto.
Con reserva previa en woutick.es
NOTA: Como xa aconteceu en concertos como os de Álvaro de Luna, Baiuca ou Imaculate Fools, aínda que as entradas para o do grupo América están esgotadas dende o primeiro día, no caso de que queden cadeiras sen ocupar á hora de inicio do espectáculo, permitirase o paso das persoas que o desexen aínda que carezan de reserva.
Alerta