2 julio, 2021
Esta é a sexta concesión do IDAE á Deputación este ano e 24 concellos os que mellorarán a súa eficiencia enerxética cun investimento total de 4 millóns de euros
A presidenta provincial, Carmela Silva, expresou hoxe a súa satisfacción ante a nova comunicación do IDAE, (Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía), confirmando novos recursos para apoiar o modelo da Deputación de desenvolvemento urbano sostible. Esta subvención, que supera os 600.000 euros, é a sexta que o IDAE fai á institución provincial no que vai de ano e servirá para que os concellos de Mondariz, Mos, Ponte Caldelas, Poio e Moraña melloren o seu alumeado público exterior.
Estes concellos renovarán 1.608 luminarias e porán no seu lugar outras con tecnoloxía LED, máis respectuosas co medio ambiente, ademais de facer o propio cos cadros de mando. Con estas actuacións reducirán nun 78% o consumo e a súa factura enerxética, polo tanto, como subliñou a presidenta provincial estas achegas supoñen tamén un “aforro de custos para os concellos”. Mondariz (113.000 euros) verá renovadas 254 luminarias e tres cadros de mando co fin de reducir o consumo nun 78,08%. Mos (76.480 euros) fará o mesmo con 175 luminarias e catro cadros de mando para acadar un consumo 74,84% menor. O concello de Ponte Caldelas (151.000 euros) cambiará tamén 436 luminarias e catro cadros de mando, unha acción coa que acadará unha redución de consumo do 79,19%. Pola súa banda, Poio (162.900 euros) empregará a subvención do IDAE para mudar 501 luminarias e catro cadros de mando co fin de reducir o consumo enerxético un 78,31%. Por último, Moraña (110.700 euros) actuará sobre 242 luminarias e seis cadros de mando para acadar un aforro no consumo do 77,25%.
Con estas ayudas, el IDAE ya ha recaudado cuatro millones de euros en aportaciones a la provincia por parte de la Diputación en lo que va de año . Más de 24 municipios verán mejorada su eficiencia energética, y la entidad local de Vilasobroso podrá recuperar su escuela y convertirla en el epicentro cultural y social de la parroquia.
WhatsApp us