O lugar de Castro. Fonte: Concello
25 agosto, 2021
Esta zona de Seixo foi obxecto dunha actuación de renovación e dotación de novos puntos de luz no seu espazo
O Concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, acudiu esta mañá até o lugar de Castro, en Seixo, onde acaban de rematar os traballos de renovación e mellora de toda a instalación de alumeado público.
Con esta actuación non só se conseguiu renovar este servizo no lugar, “que se atopaba deteriorado”, senón que permitiu dotar de máis puntos de iluminación á zona. “Con proxectos como esta mellora, igual cas que estamos a realizar noutros puntos do rural, buscamos que a calidade do servizo que temos nas parroquias sexa igual ao do centro urbán, prestando uns servizos públicos de calidade”, explicou o edil.
A empresa encargada da realización do proxecto foi Vilela Electricidad, por un orzamento de 53.529,76 euros, financiado a través dunha baixa do Plan Concellos.
Aforro enerxético
Un dos requisitos na renovación e instalación das novas luminarias foi que as novas bombiñas sexan de tecnoloxía LED. Isto permite que se redunde nun aforro enerxético importante, así como nun mellor coidado do medio ambiente.
Alerta