Xaquin Moreda e Rafael Quintía, na presentación das V Xornadas sobre Antropoloxía. Fonte: Concello
3 noviembre, 2021
Organizadas pola Sociedade Antropolóxica Galega en colaboración co Concello de Pontevedra, a Boa Vila vivirá tres xornadas culturais sobre o terror, a violencia ou a pobreza.
Serán celebradas na sala Nemonon, do 5 ao 7 de novembro, cunha entrada libre até completar asentos.
Logo dun ano de parada, as Xornadas sobre Antropoloxía organizadas pola Sociedad eAntropolóxica Galega (SAGA), volven ser celebradas na Boa Vila. Nesta ocasión será o mal, o seu significado e as distintas formas nas que este pode aparecer, a temática a debater, conversar e investigar.
«Tratarán o mal en base a tres puntos: o terror sobrenatural, a violencia e a pobreza», explica a concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda. «Cremos que as cousas feitas desde a base social da cidadanía deben ser apoiadas, máis aínda cando fan un traballo no que invisten e quitan horas da súa vida para actividades importantes e valiosas».
Puido o presidente da SAGA, Rafael Quintía, agradecer a colaboración do Concello, para logo comentar a ledicia que supón recuperar as xornadas presenciais logo da imposibilidade de celebralas o ano pasado por mor da crise da Covid-19. «Cada ano dedicamos as xornadas a un tema concreto, e escollemos este ano ese mal, con todas as súas caras, que son moitas, e todas eles inciden na vida das persoas, polo que montamos un programa no que é abordado desde distintas perspectivas», explica Quintía.
Serán tres as xornadas a celebrar estruturadas en tres bloques de conferencias, o venres pola tarde, sábado de mañá e tarde, e domingo pola mañá. Haberá dúas conferencias en cada sesión seguida dunha mesa redonda cos participantes e todos os asistentes:
Venres 5, (18h)
Padre José Criado: O concepto do mal desde o Cristianismo.
José Luís Cardero, (en liña): O Numinoso, o Sagrado e o Relixioso. Unha mirada cara ás Divindades ancestrais do Terror.
Sábado 6, (11 horas)
Montse Fajardo Pérez: A represión sobre as mulleres como forma de terror.
Rocío Ovalle: Proyecciones que transforman. El bien institucional, el bien colectivo y el bien individual, entre el idealismo y la coherencia, (18 horas).
Manuel Carballal, (en liña): No nome de Satán: o mal como xustificación do crime.
Félix Castro: Manuel Blanco Romasanta, o mal de múltiples caras.
Domingo 7, (10.30h)
Visita ao parque etnoarqueolóxico Outeiro das Mouras, de Salcedo: Guiado polo antropólogo Rafael Quintía. O punto de encontro será o Centro Social A Casa Verde de Salcedo.