O MARCO retoma en outubro o Club de Lectura, con grupos presenciais e telemáticos

Compartir
Rolda de prensa. Fonte: Concello

Anunciouno este martes en rolda de prensa Abel Caballero, quen avanzou que este mesmo xoves se abre o prazo de inscrición gratuíta

O Museo de Arte Contemporánea (MARCO) creará tres novos grupos, dos que dous serán presenciais e un virtual, cun máximo de catorce vacantes por quenda polo Covid

 

A actividade está concibida como un “espazo de encontro e intercambio de experiencias”, manifestou Caballero, para persoas interesadas na relación entre a literatura e a arte.

En outubro volve o #BiblioMARCO, o Club de Lectura do Museo de Arte Contemporánea de Vigo, ao que os interesados poden anotarse de forma exclusivamente telemática, a través do correo electrónico:  centro.documentacion@marcovigo.com