O Marisquiño, concertos de apoio ao comercio local, TerraCeo e as Festas de San Salvador de Teis enchen o fin de semana de actividades de ocio e lecer

Compartir

Ademais tamén están programados o festival “Letras galegas” con actuacións das corais en Ronda de Don Bosco e o Parque de Castrelos e a actuación de Dous en Villa Solita.

Abel Caballero anunciou un fin de semana cheo de eventos e actividades. O máis destacado é O Marisquiño con co deporte urbano no centro da cidade: “É un evento da a volta a Europa.”, subliñou.

O rexedor segue a apostar polos concertos de apoio ao comercio local que este fin de semana trasládanse á Alameda Suárez Llanos en Bouzas. Haberá actuación o venres ás 20 horas con Cristian Navarro e o sábado Olivic Blues Band.

En Teis celebran o seu patrón San Salvador e o Concello segue a financiar as festas en coordinación coa Comisión delegada. Neste caso haberá unha actuación infantil ás 19:30 horas no parque de A Riouxa de Uxía Lambona e o sábado no mesmo emprazamento a actuación da Coral Casablanca.

Ao escenario do festival TerraCeo subirá hoxe venres Cimafunk e o domingo Twanguero y Desvariados. A estes eventos tamén súmanse o festival “Letras galegas” coas corais en Ronda de Don Bosco e o Parque de Castrelos e a actuación de Dous en Villa Solita en Alcabre.