Mercado Nadal. Fonte: Concello
9 noviembre, 2021
A actividade amplía días e funcionará en horario de mañá e tarde, para a venta de todo tipo de produtos relacionados coa temática de Nadal.
O Concello facilita as 16 casetas nas que se emprazarán os postos, e non cobrará ningunha taxa de participación como media de apoio ao pequeno comercio.
Os interesados en participar poden inscribirse a través da sede electrónica do Concello ata ás 24.00 horas do 15 de novembro.
O Mercado de Nadal volverá a animar as rúas e Vilagarcía durante as festas máis entrañables e a campaña comercial máis potente do ano. Para contribuír á crear o ambiente festivo típico destas datas e dinamizar a actividade comercial e hostaleira, a Concellería de Promoción Económica organiza e xestiona o mercadiño, que se desenvolverá nas contornas das prazas da Independencia e de España entre o 3 de decembro e o 2 de xaneiro. Serán máis días que nas edicións anteriores para crear ambiente e facilitar as compras dos produtos típicos de Nadal.
Como xa fixo o ano pasado como medida de apoio ao sector, o Concello no cobrará aos comerciantes polo aluguer das casetas nin pola ocupación do solo. O requisito principal para participar é que os produtos que se ofrezan no mercado estean relacionados co Nadal e que, a maiores, se cumpran os requisitos legais para prestar a actividade de venta ao público que se especifican nas bases.
A Xunta Local de Goberno aprobou na reunión de onte as bases que regularán o mercado que se comporá das 16 casetas de madeira que o Concello facilita aos comerciantes, que poderán dispor deles durante todo o tempo que dure o mercado ou por períodos mínimos de 1 semana.
Como xa se dixo, a participación é de balde, tendo os participantes que cumprir os requisitos que establecen as bases, entre os que se encontra a obriga de manter abertos os postos todos os días e durante o horario establecido polo Concello, que será 11 a 14 e de 17 a 21 horas todos os días, coa excepción dos días 24 e 31 de decembro, que terá horario continuado de 11 a 18 horas, e do 25 de decembro e 1 de xaneiro, que abrirá unicamente pola tarde, de 17 a 21 horas.
Por tratarse dun mercado temático, todos os produtos a vender nel deberán ter relación coa época de Nadal. Así pois admitirase a venta de figuriñas do Belén, árbores de Nadal, flores de pascua, artigos de decoración para ás árbores, luces, guirnaldas, coroas, centros e outros ornamentos florais, produtos de artesanía, gastronomía típicos da época como turróns, mazapáns, manualidades, bixutería e complementos de inspiración navideña.
O Concello reservará un número mínimo de postos para actividades de hostalaría, que deberán ofrecer bebidas quentes, tamén propias da época, (chocolate, infusións, cafés…) e doces tradicionais para consumo in situ. Ademais, reservará unha caseta para as ONGs e entidades sociais do municipio sen ánimo de lucro, que se irán rotando no posto para poder poñer á venta os artigos que elaboran nos seus obradoiros ocupacionais.
Inscrición ata o 15 de novembro
As persoas interesadas en contar cun posto no Mercado de Nadal dispoñen de prazo ata as 24.00 horas do día 15 de novembro para solicitado. O trámite pódese facer tanto a través da sede.vilagarcia.gal, mediante o procedemento/formulario 5005, ou a través do rexistro oficial de calquera administración. Neste último caso o solicitante deberá comunicar a solicitude o mesmo día ao Concello remitindo un corro electrónico ao enderezo tle@vilagarcia.gal
Alerta