15 noviembre, 2021
“Consertasso na Horta” animou ao público a cantar e a bailar con cancións orixinais e de estilos moi diferentes.
A actividade enmarcouse no programa de dinamización lingüística FalaRedes.
O público familiar e infantil que o domingo pola tarde acudiu ao Auditorio Municipal puido gozar do último espectáculo musical de Brais das Hortas, un divertido concerto con cancións orixinais e de estilos moi diferentes que animaron aos asistentes a cantar e a bailar.
A actuación combinou teatro, humor e música, centrada na cultura rural de Galicia e no respecto pola contorna natural. Cancións sobre a plantación de kiwis da veciña Carmiña, o trap da Santa Compaña, as cabras que tiran para o monte comunal, o lagarto Arnau ou o animado Sacho Zumba foron algunhas das que interpretou o músico e humorista cangués.
Esta actividade, que foi gratuíta para todos os espectadores que asistiron, formou parte da programación do FalaRedes, programa de dinamización da linga galega que a Consellería de Cultura desenvolve naqueles concellos adscritos á Rede de Dinamización Lingüística, como é o caso de Valga.
Alerta