O obelisco e as fontes da cidade ilumínanse de verde esta fin de semana polo Día Mundial do Ostomizado

Compartir

Vilagarcía súmase aos actos de sensibilización convocados pola FEMP.

 

O Concello de Vilagarcía conmemorará o sábado, 2 de outubro, o Día Mundial do Ostomizado, sumándose así ao chamamento da trasladado pola FEMP para dar visibilidade ao colectivo de persoas que se atopan nesta situación. En mostra de solidariedade e para chamar a atención da sociedade Vilagarcián, dende esta mesma noite e ata o domingo iluminaranse de cor verde o obelisco, e as fontes da Praza de Galicia e da Independencia.

Os ostomizados son persoas ás que, debido a unha doenza, foilles practicada unha ostomia, é dicir un orificio na parede abdominal que facilita a saída ao exterior dos produtos de desfeito do organismo. En España hai máis de 125.000 persoas ostomizadas e cada día realízase un maior número de intervencións deste tipo.

A celebración deste Día Mundial persegue dous obxectivos principais; por un lado, contribuír a integrar a todos os afectados por esta operación; e, por outra, sensibilizar á sociedade das barreiras que teñen que superar a diario estas persoas no se día a día.