5 noviembre, 2021
O colectivo organiza este sábado ás 18.30 horas o seu tradicional Magosto, que foi presentado esta mañá xunto ás Concelleiras Marián Sanmartín e Cristina Acuña.
Haberá 45 kg de castañas.
O outono xa está de pleno aquí e grazas á Asociación de Pescadores Tenlo
poderemos gozar do seu sabor característico. Ramón Castro, representante da
entidade, presentou esta mañá a actividade xunto coas concelleiras Marián
Sanmartín e Cristina Acuña.
De novo, o emprazamento para o evento será o Parque Azul, polo que, no caso de
que chova, a festa desprazarase a outra data.
O cheiro a castañas xa se comezará notar a partir das 18.30 horas e o grupo
folclórico Pousos da Area será o encargado de poñer a ambientación musical.
Tamén haberá de bebida viño e queimada.
Alerta