2 octubre, 2021
O sistema, instalado por unha empresa Marinense permitirá aos clubs retransmitir en directo a través dunha canle de Youtube e de Twitch os distintos encontros que se produzan nesta instalación deportiva.
Desfrutar desde a casa do deporte en Marín xa é posible grazas ao sistema de streaming instalado no Pavillón da Raña. Aínda que actualmente a asistencia de público, afortunadamente, xa é posible nas instalacións deportivas, desde o Concello queren contar cun sistema de retransmisión que permita achegar a calquera rincón os actos deportivos que se desputan no pavillón Marinense.
A Alcaldesa, María Ramallo, e os Concelleiros Antonio Caíña, Antonio Traba e Manuel Santos, coñeceron da man de Ramiro Ojea e Óscar Riveiro, da empresa Infor3, o funcionamento deste sistema de cámaras que permite a retransmisión de eventos deportivos ou culturais que se celebren na Raña, dun xeito sinxelo, tanto no que respecta á súa utilización como o seu acceso á cidadanía.
O sistema consta dunha cámara para o marcador e outra para a superficie de xogo. O Concello coordinará cos clubs se queren iniciar a retransmisión dos seus eventos, que se poderán ver a través da canle de Youtube “pabellón de A Raña” (https://www.youtube.com/results?search_query=pabellon+a+ra%C3%B1a). Alí, será simplemente preciso clickar no vídeo que poña “en directo” cando haxa unha retransmisión activa.
A posta en marcha deste sistema foi grazas a unha subvención da Secretaría Xeral de Deportes da Xunta de Galicia.
Alerta