12 noviembre, 2021
O Alcalde da Cañiza asitiu onte á instalación desta pantalla deportiva adxudicada á empresa Mondo Ibérica SAU.
Para a adquisición e instalación desta pantalla Led “multideporte” o Concello terá que aportar de fondos propios 5.800€. Os restantes 20.000€ están subvencionados pola Xunta de Galicia, a través dos Convenios de colaboración suscritos pola Subdirección Xeral de Xestión deportiva para o 3º cuatrimestre de 2021, dotado con dous millóns e medio de €uros para subvencionar todo tipo de actuacións en instalacións deportivas de 56 Concellos de Galicia.
Segundo manifestou Luis Piña “esta instalación municipal necesitaba varias reformas e acondicionamentos por ser un dos centros deportivos onde máis clubes entrenan e xogan ademáis de ser a sede do Clube Balonmán Cañiza: equipo de élite do noso concello”.
A instalación desta nova pantalla deportiva súmase á actuación inaugurada o pasado 26 de outubro pola Presidenta da Deputación, Carmela Silva, que visitou a reforma integral sobre unha das dúas zonas destinadas a vestiarios, duchas e aseos do pavillón Carballo do Marco. Unha obra subvencionada ao 100% polo Plan Concellos da Deputación 2020 cun investimento de 46.714,15€ .
Estas dúas actuacións veranse completadas, á proposta do Alcalde Luis Piña, coa sinatura dun Convenio coa Dirección Xeral de Administración Local da Xunta para a reparación do tellado do pavillón, para eliminar o filtrado de augas pluviais hacia a pista de xogo.
Para o Alcalde Luis Piña “con estas actuacións verase mellorada esta infraestrutura, que ganará en confort e calidade de xogo”. “En cumprimento do compromiso adquirido co deporte da Cañiza, dende o Concello continuaremos traballando e buscando financiación para a realización de obras de mellora nas infraestruturas que beneficien aos veciños e veciñas da Cañiza para a realización de prácticas deportivas, satisfaga as demandas sociais no ámbito deportivo e potencie o deporte de base”.
O vídeomarcador terá varias utilidades
“A instalación desta pantalla deportiva, “Mondo Smart System modelo ANTARES”, permitirá visionar en calidade LED os encontros disputados, resultados, informacións propias do Concello e das entidades deportivas e servizos publicitarios. Ademáis poderase utilizar como soporte audiovisual para cualquera outro evento non deportivo.”, comentou onte o Alcalde despois de que quedara instalado o vídeomarcador.
Características técnicas
Pantalla: Trátase dunha pantalla led deportiva de 10 m2 de última xeneración de elevada luminosidade (3500 nits), e alto grao de protección IP cunhas dimensión de 4×2,5m e pitch 4.8 mm con tecnología led SMD, capaz de aportar un amplio ángulo de visión, (140º horizontal e vertical). Ademáis o seu baixo consumo suporá un importante aforro enerxético.
Está formada por 16 módulos de 100×50 cm. (13 kg. por módulo), e 8 módulos de 50×50 cm. (7 kg. por módulo). O peso total da pantalla led co sistema de anclaxe é de 306 Kg.
Sistema de Control: composto por un computador de control: Necesario para a xestión dos parámetros de control da pantalla. Inclúe o software deportivo e multimedia e tarxeta procesador led, integrada no Computador de control conectado a través da saída DVI ó HDMI. Procesa as imaxes de vídeo recibidas e transmíteas á pantalla led.
Sistema monovideo: Procesador e software deportivo mediante o cal o usuario introduce os diferentes lances do xogo desde a consola deportiva Ulises, e os datos son procesados e enviados automáticamente ao marcador para ser mostrados na pantalla cos datos actualizados en tempo real.
Consola deportiva Hércules: Consola multideporte a través das cal se xera a información relativa ao evento deportivo.
Alerta