7 noviembre, 2025
O Concello da Cañiza continúa modernizando as súas instalacións deportivas. Así o afirmou o Alcalde Luis Piña, tras visitar as obras de mellora da eficiencia enerxética no pavillón Carballo do Marco, recentemente rematadas. Unha visita na que estivo acompañado polo Presidente do Club Balonmán Cañiza, Marcos Estévez e o técnico da empresa adxucataria Construelectric Systems Galicia S.L..
Estas actuacións, cun investimento total de 61.659,19 €, foron financiadas nun 97,3 % polo Fondo de Cooperación Local 2025, da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, cunha achega de 60.000 €. O Concello da Cañiza completou o financiamento co 2,7 % restante (1.659,19 €) con cargo a fondos propios. Esta intervención enmárcase na liña de xestión do actual equipo de goberno, que aposta por executar proxectos estratéxicos sen comprometer os recursos municipais.

Pavillón Municipal «Carballo do Marco» en a Cañiza
O investimento distribúese en 42.821,86 € de execución material, dos cales 14.948,99 € corresponden á instalación do novo alumeado interior LED e 27.872,87 € ao novo sistema de aerotermia. A estas partidas engádense 5.566,84 € en gastos xerais (13%), 2.569,31 € en beneficio industrial (6%) e 10.701,18 € de IVE (21%).
O proxecto centrouse na renovación integral das instalacións de alumeado e climatización do pavillón, co obxectivo de reducir o consumo enerxético e mellorar o confort dos usuarios.
Principais actuacións
Grazas a esta actuación, o Concello da Cañiza acadará un aforro enerxético superior ao 50 %, unha redución anual de máis de 6 toneladas de CO₂ e un aforro económico estimado de 3.000 € anuais no consumo eléctrico e térmico.

Pavillón Municipal «Carballo do Marco» en a Cañiza
Con esta nova intervención, o investimento total realizado polo Concello da Cañiza no Pavillón Municipal “Carballo do Marco” ascende a 359.017,61 €, destinados ás seguintes melloras:
Durante a visita, o Alcalde destacou que este investimento “reflicte a aposta decidida do Goberno Municipal por modernizar as instalacións deportivas da Cañiza e facelas máis sostibles, eficientes e confortables”.
“O Pavillón Municipal «Carballo do Marco» é hoxe un espazo máis funcional e eficiente, á altura da intensa actividade deportiva que acolle cada semana. É a sede do Club Balonmán Cañiza, un auténtico referente local e provincial, e queriamos que contase cunhas condicións óptimas tanto para o adestramento como para a competición”, engadiu Piña.
Finalmente, o Alcalde subliñou que estas melloras “responden a unha planificación sostida no tempo, que nos permite avanzar paso a paso cara a unhas instalacións modernas, accesibles e respectuosas co medio ambiente, sen comprometer os recursos municipais”.
Alerta