O Pleno aproba por unanimidade a modificación da ordenanza reguladora do servizo de Taxi

Compartir
Pleno de Vigo. Fonte: Concello

O Concelleiro de Servizos, Javier Pardo, puxo de manifesto o consenso acadado coas asociacións na nova normativa. O Pleno tamén aprobou cos votos do Grupo Municipal Socialista a modificación da Ordenanza Fiscal Xeral que conxela as taxas, por segundo ano consecutivo.

 

O Pleno aprobou co voto favorable de todos os grupos a modificación da Ordenanza Municipal reguladora do Servizo do de Taxi na cidade. Entre outras modificacións, ábrense novos procedementos para a transmisións de licenzas e a súa extinción. Tamén muda o artigo 17, permitindo que os vehículos poidan ser adquiridos por renting. No referente tamén aos vehículos, a idade máxima se fixa en 10 anos. En canto aos traballadores, haberá posibilidade de substituír a baixa médica da persoa condutora asalariada, por un período superior a 60 días e polo tempo que estas duren. Ademais, os condutores deberán cumprir novos requisitos na obtención do permiso municipal, así como ter os coñecementos para atender a persoas usuarias con mobilidade reducida, ou que presenten algunha discapacidade física ou psíquica, ou mesmamente mulleres xestantes. Tamén deberán ter coñecemento básico de primeiros auxilios.

Pola banda de mellora dos servizos cara ao viaxeiro, regúlase a contratación por praza con pago individual dentro do Taxi Compartido, haberá obriga de cambio por cobro dos servizos ata 50 euros, e elixir entre os dous primeiros taxis da paradas.

Os grupos da oposición lamentaron que non se incorporen as súas emendas á ordenanza, e pediron a creación dunha mesa de traballo do taxi co obxectivo de traballar continuamente co sector.

Pardo deu conta do traballo da Concellería dia a día coas asociacións, colectivos e cidadáns, e afirmou seguir escoitando as súas demandas.

 

Ordenanzas fiscais

Pola súa banda, o Edil de Facenda, Jaime Aneiros, defendeu que o Goberno Local “por segundo ano consecutivo non actualiza as taxas ao IPC nin ningunha outra referencia”. Aneiros explicou que “con esta decisión política deixamos en mans dos cidadáns o diñeiro que podería sumarse ás arcas Municipais”.

Desde a oposición, o Grupo Popular lamentou “conxelar os tributos cando non hai execución”, e defendeu que “hai marxe para unha rebaixa fiscal”. Pola súa banda, o Grupo Mixto expuxo que “non hai problemas de viabilidade económica por aplicar bonificacións á auga ou baixar o IBI”, e pediu baixar as taxas por recibir máis recursos do Estado e a participación nos Fondos Europeos: “Pódese financiar actuacións que no vanse facer con recursos propios”. O Concelleiro non adscrito cualificou ao Goberno Local de “máquina de xerar remanentes”.

O responsable de Facenda requiriu “valentía” ao voceiro do Grupo Popular, para explicar “os servizos que vai recortar coa baixada dos impostos”, logo de por de manifesto que o Goberno do PP “investiu un 326% menos en benestar social, un 57,3% en educación e un 138% en emprego”. Con todo, Aneiros explicou que “hai que manter o nivel do ingreso do Concello, xa que os fondos do Estado non se poden utilizar para uso corrente”, e sentenciou: “A presión fiscal en Vigo é a máis baixa de Galicia e do área metropolitana. Os datos falan”.