Pleno. Fonte: Concello
29 septiembre, 2021
A Corporación Municipal aprobou no Pleno deste mércores a moción socialista que sostén que o anteproxecto invade as competencias e a autonomía local recollidas na Constitución, amais de modificar os canons xa existentes.
O Edil socialista, Jaime Aneiros, sinalou que o anteproxecto agocha un incremento do custo da auga para as familias e os Concellos incorporando tres novos canons ou “tarifazos”: a xestión da depuradora, o canon sobre perda de auga de abastecemento, e o canon de redes de colectores. Así, explicou, o anteproxecto mantén a taxa que supón un sobrecusto de 6 euros en cada recibo das familias de Vigo, o que transloce a “voracidade recadadora da Xunta de Galicia”, segundo Aneiros, que cualificou de “anticonstitucional” este anteproxecto.
Xabier Pérez Igrexas, Edil non adscrito, cualificou de “burda fraude” o anteproxecto da Lei de mellora do ciclo integral da auga, da Xunta de Galicia que carga a Concellos, usuarios e entidades de xestión e que transfire obrigas da súa competencia. Rubén Pérez, Concelleiro do grupo mixto, criticou o nivel de improvisación do Goberno Autonómico con esta Lei, e expuxo a preocupación pola proposta de creación dunha sociedade mercantil, o que “encobre un proceso privatizador”. O voceiro popular, Alfonso Marnotes, negou que o anteproxecto vulnere a autonomía local e impoña competencias aos concellos porque “é voluntario”.
A moción socialista foi apoiada polo Concelleiro non adscrito e o grupo mixto fronte o rexeitamento do PP.
Amais, a sesión plenaria acordou instar á Xunta de Galicia a asumir a responsabilidade política, coas dimisións que correspondan, por non conseguir executar a ampliación do Ifevi no prazo que prometeran de forma reiterada, ocasionando un grave prexuízo a Conxemar e á economía da cidade de Vigo. A voceiro socialista, Carlos López Font, apuntou que desde a adopción formal do acordo de ampliación na reunión do Padroado do 30 de decembro de 2019, o Concello e a Deputación tiveron que reiterar varias veces a urxencia do proxecto e a necesidade de acelerar os trámites administrativos por parte da Xunta, “que sempre dicía que se cumprirían os prazos”. A proposta foi rexeitada polos populares e abstivéronse o Concelleiro non adscrito e o grupo mixto.
Alerta