«O poder e o valor da nosa historia de vida. Compartindo experiencias», con Teresa Martínez, en Afundación.TV

Compartir

Afundación, a Obra Social de ABANCA, presenta mañá martes, 19 de outubro, ás 19.00 h, en Afundación.TV o coloquio «O poder e o valor da historia de vida. Compartindo experiencias», moderado pola doutora en Psicoloxía Xerontolóxica Teresa Martínez, e enmarcada na Área +60 da entidade. A charla, na que estarán Argentina Canido Piñeiro, M.ª Magdalena Ferre Llaurado e José M.ª Seijas Fernández, participante no programa «Historias vividas» de Afundación, poderá seguirse desde aquí.
Este coloquio pon en valor o feito de que toda persoa é única e valiosa e, en consecuencia, todos estamos deseñados para perseguir a felicidade ao longo das nosas vidas. En poucas xeracións a humanidade logrou vivir vidas máis longas, sumando anos, e ahora é o momento de pensar en como sumar vida a esas décadas gañadas. É importante reflexionar sobre iso, sobre o que se quere, sobre como vivir unha vida con sentido e como seguir desenvolvendo o propio proxecto de vida na vellez.
Revisar e reconstruír a historia de vida pode axudar a encontrar coherencia e sentido nesta etapa vital, coñecéndose mellor, clarificando prioridades e afrontando o presente e o futuro desde unha perspectiva realista e amable cun mesmo.

Teresa Martínez Rodríguez
Teresa Martínez Rodríguez é doutora pola Universidad de Oviedo en Psicoloxía Xerontolóxica, ademais de experta en coidados de longa duración e modelos de atención centrada na persoa. Mantén unha ampla e variada actividade docente impartindo conferencias e participando en cursos de posgrao e mestrados en xerontoloxía, colaborando con diferentes universidades, entidades privadas e administracións públicas españolas. É integrante do grupo de investigación Evaluación psicométrica da Universidad de Oviedo e creadora da web www.acpgerontologia.com e do blog «La atención centrada en la persona, un camino por recorrer», espazos de difusión do enfoque ACP en persoas maiores.