25 septiembre, 2024
Será unha doble final coas categorías LF2 o venres 27 e Sénior o domingo 29, no pavillón municipal dos deportes
O pavillón municipal de deportes do Porriño será a sede dos eventos centrais da Copa Xunta de Galicia Feminina de Baloncesto, organizados pola Federación Galega de Baloncesto e o Porriño Baloncesto Base (PBB) coa colaboración da Concellería de Deportes do Porriño. Trátase dunha doble final, xa que nesta 37ª edición haberá
unha final Sénior e outra específica para os equipos de Liga Feminina 2.
A presentación da Copa Galicia Feminina tivo lugar está mañá na Casa Consistorial, coa presencia de Alejandro Lorenzo, alcalde, Abel Estévez, concelleiro de Deportes, Julio Bernárdez Álvarez, presidente da Federación Galega de Baloncesto, Rafael Alonso Lago, membro da directiva do Porriño Baloncesto Base, e Carlos Álvarez, presidente do club de baloncesto feminino Celta Zorka Recalvi.
“Cando a Federación Galega se puxo en contacto para que organizáramos este evento, non o dudamos. Temos un club en Porriño que o está facendo moi ben e desde o Concello apoiamos enormemente o deporte feminino”, comenta Abel Estévez.
“No PBB estamos encantados de poder organizar esta competición. Gracias á Federación por ternos presente e darnos está visibilidade”, contesta Rafael Alonso Lago.
Carlos Álvarez, “a ver si temos sorte de poder chegar á final, a pesar de que estamos un pouco lesionadas”.
“O baloncesto feminino é empoderamento e un auténtico espectáculo”, Julio Bernárdez
Alerta