26 febrero, 2024
Acometerá 4 km de rede para conectar unhas 100 vivendas en Benunes e Eiriz. O proxecto está só a espera dos pertinentes permisos sectoriais para a súa licitación
Unha vez rematen estas obras estará conectado o 90% da parroquia, quedando só por executar tres proxectos xa redactados que beneficiarán a 180 veciños máis na Arrotea, Cerquido e Rega da Lama
O Concello do Porriño invertirá máis de 1 Millón de euros na conexión integral da parroquia de Budiño. Ás obras de extensión da rede no Picouzo,
que dará servizo a 29 vivendas e ao colexio, sumaranse as dos barrios de Benunes, Eiriz,
Rozadas, e parte da Vacaría e Mantelle.
En total, executaranse 4 km de rede e unhas 100 acometidas, o que permitirá que máis de
300 veciños/as da parroquia dispoñan de conexión a este servizo.
As concellerías de Vías e Obras e Urbanismo contan xa co proxecto e están só a espera das
pertinentes autorizacións sectoriais, xa solicitadas, para proceder á licitación destes
traballos.
A inversión para levar a cabo estas actuacións ascende a 538.529 euros no caso de
Benunes e 345.000 no de Sobral – Eiriz.
“Trátase dun dos proxectos de saneamento máis importantes, non só pola inversión que
require senón polo número de vivendas que abastecerá. O noso compromiso coa
execución do saneamento integral é firme, na parroquia de Budiño e en todas as
parroquias do municipio”, explicou o alcalde, Alejandro Lorenzo, “Traballamos para axilizar
todos os trámites e axilizar a nosa folla de ruta todo o posible, sabemos cales son as
necesidades, temos os proxectos e sabemos da urxencia que teñen para a veciñanza. Por
iso son e serán sempre prioritarios”.
Alerta