12 diciembre, 2024
A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, presentou este xoves o Campionato Provincial de Cros que reunirá o vindeiro sábado en Zamáns a un total de 1.056 escolares da provincia (22 clubs e 111 centros educativos) no marco do programa Xogade (Xogos Galegos Deportivos en idade escolar).
A representante autonómica explicou que o vindeiro sábado, a partir das 10:15 horas, disputaranse as probas das categorías masculina e femenina benxamíns (2016-2017), alevíns (2014-2015), infantís (2012-2013) e cadetes (2011-2010). Excepto na categoría benxaín, no resto das modalidades os dous mellores equipos e os dez primeiros atletas lograrán a clasificación para o campionato galego.
Segundo explicou Ana Ortiz, a campaña de actividade lúdico deportiva Xogade é unha iniciativa promocionada e financiada pola Xunta de Galicia co obxectivo de levar a actividade a todos os concellos galegos e brindarlles aos escolares a posibilidade de practicar e competir cos clubs e colexios de toda a comunidade autónoma. “O Goberno galego dá así resposta a un dos obxectivos principais da política deportiva, que non é outra que fomentar e estender o deporte educativo e saudable a toda a sociedade desde as idades máis temperás”, sinalou.
Alerta