O proxecto “Do Mosteiro a Santiago” viaxa por Galicia para divulgar a súa experiencia

Compartir
Do Mosteiro Oia a Santaigo. Fonte: Concello

O vídeo documental sobre esta experiencia vinculada ao cabalo de pura raza Galega, comeza un ciclo de proxeccións por diversas asociacións que traballan no eido da diversidade funcional.

 

O proxecto “Do Mosteiro a Santiago”, unha iniciativa de Finca Moreiras organizada polo Concello de Oia e beneficiaria do programa O teu Xacobeo, segue a dar pasos adiante nos seus obxectivos de unir a posta en valor do patrimonio, a promoción e difusión do cabalo de pura raza e a creación de oportunidades. A través dun vídeo-documental, o proxecto difundirá a súa experiencia por distintos centros galegos que traballan con persoas con diversidade funcional.

A experiencia “Do Mosteiro a Santiago” desenvolveuse o pasado mes de outubro e nela participaron un centenar de usuarios e usuarias das asociacións Avelaíña, Arela, Aceesca, Juan María e San Xerome; os cales fixeron varias etapas da ruta xacobea entre Oia e Santiago acompañados por cabalos de Finca Moreiras.

 

Video Do Mosteiro a Santiago. Fonte: Concello

 

A saída desde o Mosteiro de Oia, os distintos tramos percorridos por cada un dos grupos, a chegada a Santiago, as experiencias vividas polas persoas participantes e a especial relación forxada entre elas e os cabalos de pura raza galega quedaron documentadas nun vídeo elaborado por Ollomol Audiovisual.