30 septiembre, 2021
A medida foi exposta hoxe aos portavoces políticos, á vista do informe técnico sobre o aforo da sala de acordo coas actuais normas COVID.
O público poderá regresar ás sesións plenarias do Concello de Vilagarcía a partir da sesión ordinaria de outubro, prevista para o día 28. Así se anunciou esta tarde aos portavoces políticos da corporación despois de coñecer o informe da Oficina Técnica sobre o aforo da sala, de acordo coas normas COVID vixentes neste momento. Segundo estas normas, a asistencia do público se limitará a 24 persoas.
Para iso, e segundo ese informe, se establece un corredor central dobre dun metro en cada dirección, ademais doutro corredor lateral tamén dun metro. Os asentos, distribuídos en dúas zonas de 12 e 12 cadeiras, estarán separados entre si por unha distancia de 1,5 metros. O aforo total da sala se incrementa cos 21 asentos dos edís máis os técnicos asistentes, xunto cos xornalistas e o persoal de apoio aos grupos, que se emprazarán na parte alta, coñecida como “sala de prensa”.
Con todo, dende o Concello lémbrase que durante a pandemia a participación cidadá estivo garantida, posto que en varias sesións os veciños puideron expresar as súas propostas, abandonando a sala unha vez expostas.
Alerta