23 julio, 2021
Vangarda, sostibilidade e natureza danse cita esta fin de semana nun evento singular que conta cun cartel secreto, liderado por mulleres, que non se desvela ata que o público chega á illa de San Simón.
Na súa primeira xornada, celebrada este venres 23 de xullo, desde as 17.00h, o cartel do Sinsal Esencial contou coas actuacións de Leticia Rey, Elba, Chill Mafia eta Ben Yart e Queralt Lahoz.
Hoxe comezou a nova edición de Sinsal SON Estrella Galicia na illa de San Simón, en Redondela. Na xornada desde venres, 23 de xullo, entre as 17h e as 21.30h, a nova edición do festival contou coas actuacións ao vivo de Leticia Rey, Elba, Chill Mafia eta Ben Yart e Queralt Lahoz.A celebración desde festival único no marco do panorama musical estatal extenderase dúas xornadas máis, até o vindeiro domingo 25.
Para este sábado 24, a axenda do Sinsal Esencial é a seguinte:
– Na xornada matinal, terá lugar o paseo en catamarán pola enseada de San Simón cun concerto semiacústico. O barco partirá ás 12.00 horas de San Adrián de Cobres e, durante o percorrido, un artista secreto galego presentará, en primicia, o seu novo disco.
– Na xornada de tarde, o público partirá da Estación Marítima de Vigo (16.00h) e do embarcadoiro de Meirande (17.10h) para percorrer a Ría de Vigo e chegar a unha illa na que se celebrarán catro concertos (en dous escenarios: San Simón SON Estrella Galicia e Fest Galicia Xacobeo 21-22, ás 17.00h, 18.00h, 19.15h e 20.30h), unha conversa sobre o futuro sostible da industria cultural (que ten lugar ás 18.00h) e unha sesión de DJ para animar a despedida. Durante a tarde, as e os asistentes poderán visitar e coñecer de perto a memoria e a natureza que se atopa no arquipélago conformado por San Simón e San Antón.
Cada día, na web oficial do festival, ás 17.00h, colgarase a información relativa ao cartel da presente xornada e desvelaranse as artistas e bandas participantes, xusto no momento no que o público do día chega á illa e poder descubrir o programa musical que lle agarda en San Simón.
Alerta