8 diciembre, 2021
David Regades: “A nosa presencia na nova Executiva nacional axudará a marcar un rumbo feminista, igualitario e comprometido coa sociedade galega”
A delegación socialista da provincia de Pontevedra no 14º Congreso Nacional do PSdeG sae satisfeita da cita celebrada entre onte e hoxe e Santiago. O secretario xeral provincial, David Regades, está “moi contento do peso político da nosa provincia” e anuncia que a presencia dos representantes que pasan a formar parte da Executiva Nacional axudará a marcar “un rumbo feminista, igualitario e comprometido coa sociedade galega”.
Regades destacou “o gran número de representantes” do socialismo pontevedrés tanto na Comisión Executiva Nacional, como no Comité Nacional do PSdeG, así como no Comité Federal do PSOE. O secretario xeral anticipou que toca seguir traballando diante das citas electorais que veñen, as próximas Eleccións Municipais, Xerais e Autonómicas “para seguir sendo primeira forza política en Galicia”.
Na Comisión Executiva Nacional Galega, integrada por 46 persoas, pasa a haber 12 representantes da provincia. A presidenta da Deputación pontevedresa, Carmela Silva, foi elixida como presidenta do órgano directivo do socialismo galego. Tamén pasan a formar parte o alcalde de Vilagarcía e presidente da Fegamp, Alberto Varela; o secretario xeral vigués e concelleiro Abel Losada; a pontevedresa María Pierres; o eurodeputado lalinense Nicolás González; a silledense Paula Fernández; o concelleiro pontevedrés Iván Puentes; o alcalde de Gondomar, Francisco Ferreira; o valgués Javier Carballo; o pontevedrés Rafael Cotelo; a alcaldesa redondelana, Digna Rivas; o concelleiro cambadés Samuel Lago; o edil estradense, Luis López Bueno e a viguesa Patricia Rodríguez Calviño.
Entre os sete novos membros do Comité Federal decididos no Congreso galego figura o secretario xeral da provincia de Pontevedra, David Regades e a alcaldesa de Meis, Marta Giráldez.
No Comité Nacional, máximo órgano entre congresos, entran Antón Louro, Modesto Pose, Josefina Silva, Tania García, Patricia Vilán, José Antonio Cacabelos, Julio Torrado, Francisco Santiago, Manuel Rey, Julia López, Ángel Rivas, Nuria Rodríguez, Manuel Gallego, Ángeles Marra, Carlos Font, Juan Carlos Pérez, Yoya Blanco, Luis Piña, Ana Doval, Manuel Vázquez, María José Vales, Pilar Nogueira, Juan Manuel Rey, Vanesa Fernández, Alba Forno, Yolanda Rodríguez, Consuelo Besada, Francisco Veiga, Rubén Rial, Leonardo Cabaleiro, Lorena Durán, Adriana Viz, Manuel Fariña, Eugenio González e Iván Vaqueiro.
Finalmente, entre os tres vocais da Comisión Nacional de Ética e Garantías figura o concelleiro vigués e deputado provincial Santos Héctor Rodríguez.
Alerta