2 diciembre, 2021
A obra Saaabor o 4 de decembro ás 19:00 no Auditorio Multiusos de Arbo
A entrada e libre e gratuita ata completar a capacidade dos espazos programados dacordo o protocolo COVID.
O Concello de Arbo de Arbo, e dentro da actividade cultural para ir facendo camiño a nova normalidade con actividades adaptadas, sempre cumprindo coa normativa, pero que ofrecen un momento de lecer e divertimento para a poboación infantil do municipio.
Dentro da programación programada para o Outono Cultural do ano 2021, o vindeiro 4 de decembro ás 19:00 horas terá lugar a obra Saaabor.
Esta obra encadrada dentro da programación cultural da Deputación de Pontevedra “Tornar ás táboas”, unha declaración de vontade e de ánimo para que o teatro retome a súa actividade nos escenarios dos auditorios, teatros e centros culturais da provincia.
Como sempre a entrada e gratuita ata completar aforo e obrigatorio o uso de mascarilla e as demais recomendación recollidas no protocolo COVID.
Saaabor! é un espectáculo cómico que mestura música, maxia, humor, ritmo e participación do público, co mundo da gastronomía de fondo. Os protagonistas convértense en dous recoñecidos chefs que nos ofrecen pratos para todos os gustos: desde a comida máis práctica e sinxela ata a máis elaborada, sen esquecer viño e sobremesa, elaborando un saboroso menú para toda a familia.
Dende o Concello de Arbo, solicitamos colaboración dos asistentes, para que se cumpran todas as medidas COVID para o evento, que os nenos e nenas participantes vaian acompañadas por un adulto, que en todo momento se utilice a mascarilla e que se cumpra coas indicacións dadas polos voluntarios e colaboradores do Concello de Arbo, encargados de supervisar e facer cumprir os protocolos e recomendacións das autoridades sanitarias durante toda a actividade.
Alerta