4 octubre, 2021
Pendente duns pequenos retoques, o espazo virtual https://cultura.pontevedra.gal agrupará a información que antes se repartía no web do Pazo, a axenda cultural e páxina principal do Concello
Contará tamén cun formato físico de revista semestral que poderedas atopar a partires de mañá no Concello, Casa da Luz, Pazo e Teatro.
Os 4 espectáculos de Ponteatro que teñen o Principal como lugar de celebración, sairán á venda a partir deste mércores en Ataquilla.com aos prezos habituais e con posibildade de abono.
A Concelleira de Cultura Carme Fouces presentou esta mañá o Telescopio Cultural, referente a partires de agora para estar ao tanto da actividade cultural que teña lugar no Pazo da Cultura, Teatro Principal e Recinto Feiral. Con formato páxina web, unificará a información que antes aparecía na extinta web do Pazo da Cultura, o apartado de Axenda Cultural da web do Concello e páxina principal deste. Conta tamén cun formato revista semestral (esta primeira saíu con algo de retraso, se disculpou Carme, por mor nos cambios permanentes nos aforos e restricións sanitarias e tamén polas obras do Principal. “As obras do Principal serán finalmente compatibles coa programación de novembro e decembro, polo que a programación prevista para este espazo, que aínda non sairá á venda, tal como os espectáculos de teatro que presentamos hoxe, poderán celebrarse aquí con normalidade. As Matinés permanecerán no Auditorio do Pazo porque xa se puxeran á venda e non é posible mudalas”.
Antes de debullar a programación do último semestre, especialmente a teatral que sairá á venda o mércores en Ataquilla.com, Fouces avanzou que “non está no programa porque non dou tempo pero o día 11 ás 20h. terá lugar no Principal a presentación do libro de Anxo Lugilde “A vella compañeira” con Dra. Psquiatra Iria Veiga, coñecida en redes como Raíña Vermella e autora do podcast Balea Vermella, e unha xornalista para guiar o debate”
Unha escolma do mellor teatro en galego chegará ao Principal en outubro e novembro dentro do ciclo Ponteatro ,serán 4 espectáculos que manterá os prezos habitual de 8€ (4€ para estudantes, desempregados e xubilados) e recupera o formato abono a un custo de 28€, á venda a partir deste mércores 6 de outubro. Completan o ciclo a proposta “A vueltas con Lorca” de Carmelo Gómez e a gran produción do Centro Dramático Galego, “O charco de Ulises”, ambas xa no Pazo da Cultura e que sacarán as entradas á venda próximamente.
Alerta