14 febrero, 2024
A XUNTA E A COMISIÓN MAR-INDUSTRIA DA CEG APOSTAN POR UN MARCO REGULATORIO E FINANCEIRO QUE IMPULSE A ACTIVIDADE TRANSFORMADORA E A COMERCIALIZACIÓN
– O conselleiro e a patronal coinciden na necesidade de articular ferramentas financeiras que permitan apoiar ao conxunto do sector e avogan polas vantaxes que ofrece a lei do litoral autonómica para aportar seguridade xurídica
– Reclámase que o Perte específico marítimo-pesqueiro non sexa, con 50 millóns de euros, vinte veces inferior ao que se destinou para a agroalimentación e pídese unha maior celeridade, pois leva catro meses de retraso fronte a última data anunciada
– Ademais da necesidade de impulsar campañas de promoción do consumo de peixes, mariscos e conservas, empresarios e administración galega sinalan que a rebaixa do IVE, como se fai con outros alimentos, aos produtos pesqueiros
O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, acompañado do director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta, mantiveron hoxe unha reunión en Santiago coa Comisión Mar-Industria da Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) que preside Isabel Cañas e co titular da patronal galega, Juan Manuel Vieites, cos que analizaron a actual situación do sector da transformación dos peixes e mariscos, que está a atravesar unha complexa situación e no que se están a producir multitude de movementos nos últimos tempos.
Neste encontro quedou de manifesto que a rama industrial dunha cadea que representa preto do 5% do PIB da autonomía, cuxa facturación anual se achega aos 9.000 millóns de euros e que ocupa a arredor de 50.000 profesionais precisa para garantir o seu futuro e impulsar a súa actividade dun marco regulamentario e financeiro estable que dinamice e impulse os ámbitos da transformación e da comercialización.
Unha das partes fundamentais dentro do conxunto de ferramentas que precisan as empresas do sector, especialmente aquelas de maior tamaño, pasa por contar cos
instrumentos financeiros que lles permitan tanto apuntalar o seu negocio e emprego en épocas de inestabilidade xeopolítica e dos mercados como a actual, que veñen a
empeorar conflitos como o que se mantén activo en Ucraína pola invasión rusa ou en Oriente Medio.
Outra das vías para favorecer ás empresas da cadea mar-industria pasa por continuar coa defensa das competencias galegas sobre a súa costa referendada na lei do litoral autonómica, unha normativa propia que, nacida coas propostas do propio sector e articulada polos mellores xuristas de Galicia, sitúa ao conxunto das actividades marítimo-
pesqueiras como prioritarias fronte a calquera outras, pois da fe negro sobre branco do seu carácter estratéxico e esencial para a nosa comunidade. Tal e como indicou o
conselleiro a Xunta continuará a loitar pola súa norma, que o Goberno central recorreu ante o Tribunal Constitucional, porque entende que cabe perfectamente dentro do marco
que establecen a Carta Magna e o Estatuto de Autonomía.
Ademais desta seguridade xurídica, outro dos puntos que se abordou coas empresas ligadas ao sector marítimo-pesqueiro integradas na CEG foi a do longamente agardado
Proxecto Estratéxico para a Recuperación e Transformación Económica (Perte) para a cadea mar-industria. O caso é que non están nada claros os prazos, que non acaban de
fixar nin o ministro de Industria, Jordi Hereu, nin o de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, pois comunicaron que estaría listo o pasado setembro e xa se levan, por
tanto, catro meses de retraso sobre a última data anunciada, polo que é necesaria maior celeridade. Tampouco convence de ningunha forma a hipotética dotación, de 40 millóns de euros en axudas e outros 10 millóns en créditos.
Tanto o conselleiro como os empresarios non entenden que despois de case tres anos de abandono, trala súa exclusión do Perte Agroalimentario, se pretenda habilitar so 50 millóns de euros que resultan de todo insuficientes, dado que o dedicado á agroindustria foi más que milmillonario e que as industrias do mar reclamaban contías de arredor de 400 millóns de euros. Por iso se insta ao Executivo estatal a cumprir coas expectativas e dar respostas ás necesidades do sector cun volume de recursos axeitado que permita ás empresas continuar afondando na súa transformación, mellorando os seus procesos produtivos e impulsando a súa competitividade.
Reducir a fiscalidade
Coinciden patronal e Xunta, ademais, na necesidade de que o Executivo estatal acceda a rebaixar o IVE ao peixe, marisco e conservas, medida que as dúas partes consideran
imprescindible xunto coas campañas de promoción para incentivar o consumo destes alimentos entre a cidadanía. Alfonso Villares coincidiu con Juan Manuel Vieites en que se
debe estender a redución impositiva da que gozan xa outros alimentos aos produtos do mar, evitando un agravio comparativo e propiciando que, como ocorre nos países da
contorna que tomaron a mesma decisión, aumente o gasto das familias en produtos que son bos tanto para a saúde como para a actividade e o emprego na cadea mar-ndustria.
Alerta