O trap galego de Boyanka Kostova aterriza en Ponteareas

Compartir

As Festas de Setembro de Ponteareas continúan inundando de música a vila. O trap galego de Boyanka Kostova aterrizará o venres ás 21.00 horas no parque da Feira Vella, nun novo episodio da programación cultural que organiza o Concello. O grupo está formado por dous mozos de Santiago, Manuel González (Rizo) e Cibrán García, que saltaron á fama pola orixinalidade dos seus temas, que mesturan os ritmos do hip hop e o trap urbano coa música tradicional galega, como as muiñeiras.
O ano pasado o grupo confirmou o seu gran crecemento. A súa canción “Muinheira de Interior” foi a primeira no top 10 dos temas máis reproducidos no 2020 e máis votados dentro do proxecto “Hip hop em galego”, nunha edición na que participaron máis de 200 cancións.
Este venres será un gran momento para que os veciños e veciñas de Ponteareas bailen e desfruten da música en galego. A entrada será de balde ata completar aforo