O TSXG referenda ao Concello na súa acusación á Xunta de discriminar a Vigo nos plans de emprego

Compartir
Rolda de prensa. Fonte: Concello

O Concello de Vigo recorreu tres ordes de convocatorias de subvencións destinadas a formación laboral nas que a Xunta aplicaba unha prima do 20% máis de puntuación, para os municipios adheridos á iniciativa “concellos emprendedores”.

 

Abel Caballero deu conta este martes da condena do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia á Xunta de Galicia por discriminar aos concello que non se sumaron á iniciativa autonómica “Concellos emprendedores”. “De novo, o abuso da Xunta de Galicia, que quere que fagamos seguidismo. Di a sentenza que a Xunta non está capacitada para facer iso, que non debe obrigarnos polas convocatorias a formar parte dun plan”, cualificando de “atropelo” o xeito de proceder do goberno autonómico.

Logo da desautorización do TSXG á Xunta de Galicia, esta prepara unha nova lei “anticonstitucional”, ao entender de Caballero, “para obrigarnos e vou pedirlle ao Goberno de España que nos defenda levándoa ao Constitucional, estudando a inconstitucionalidade desa lei. É intolerable o que acontece”.