Turismo. Fonte: Concello
17 noviembre, 2021
O dato extráese das visitas realizadas á Oficina de Información Turística que chegaron ás 12.784 despois da importante caída a 3.804 do ano pasado.
A actividade turística rexistrada entre os meses de xuño a outubro sitúase tan só ao 23% das cifras prepandémicas do ano 2019.
O perfil do visitante mantense cunha maioría de turistas nacionais (66,3%), seguidos dos de procedencia galega (20,5%), e estranxeiros (13,1%).
O que xa se notou nas rúas de Vilagarcía durante os meses de verán, confírmano as estatísticas da Oficina Municipal de Información Turística: A actividade turística en Vilagarcía repuntou de forma importante este ano con cifras que superan en máis do triplo ás rexistradas no verán de 2019. Esta tendencia demostra que o sector recupérase a moi bo ritmo tras a grave caída sufrida en 2020 a consecuencia do covid e fan prever que en 2022 incluso poderían superar os niveis prepandémicos.
Estas conclusións extráense dos datos das enquisas realizadas na Oficina de Información Turística da Peixería durante a tempada de verán, comprendida entre os meses de xuño a outubro, ambos incluídos,. Neste período un total de 12.784 persoas acudiron ás dependencias a solicitar información sobre os recursos turísticos de Vilagarcía e a contorna. Esta cifra é máis do tripo da rexistrada en 2020, ano da pandemia, cando se contabilizaron nada máis que 3.804 visitas.
Pese a que o Estado de Alarma levantárase ese verán, as restricións sanitarias e de mobilidade, así como a propia precaución da xente, fixo caer en picado a actividade turística que descendeu un 77% respecto ao ano inmediatamente anterior, o 2019, cando polas dependencias municipais pasaron 16.589 visitantes.
Polo demais, o perfil do turista que visita Vilagarcía en verán repítese practicamente respecto aos anos anteriores. Os visitantes máis numerosos son os que proceden do territorio nacional (o 66,30%), seguidos dos galegos (20,56%) e dos estranxeiros (12,14%).
No apartado de turismo nacional destaca a presenza de turistas madrileños (un 22,38%), seguidos dos de Castela León (16,78%), Andalucía (12,63%), Asturias (10,18%) e País Vasco (8,84%). Tamén se computou a presenza de visitantes procedentes de Cataluña (7,22%), da Comunidade Valenciana (6,98 %) e en menor proporción de Castilla La Mancha e Cantabria (3,06%), Aragón (2,40%), Extremadura (2,28%) e de Navarra (1,31%), entre outros.
Ingleses e americanos, os estranxeiros máis presentes
Respecto aos turistas de orixe estranxeiro, os que máis nos visitaron este ano foron os procedentes de Gran Bretaña (39,82%) e de Estados Unidos (38,21%) seguidos dos veciños de Portugal (8,80%), e os chegados dende Alemaña (3,51%), Francia (3,09%) e Bélxica e Italia (1,13%).
Por debaixo do 1% tamén pasaron por Vilagarcía este verán turistas procedentes de Suíza, Países Baixos, Luxemburgo, Perú, Porto Rico, Noruega, México, Marrocos, Irlanda, Colombia e Brasil.
O 11% posúe segunda residencia en Vilagarcía
Referente al tipo de aloxamento escollido polos turistas, o 37% utiliza apartamento turístico, o 27,1%hotel, o 11,27% conta en Vilagarcía con segunda residencia e o 10,80% pernocta en casa de familiares ou amigos. El 7,51% utiliza o párking de autocaravanas, e escolle como aloxamento o camping un 2,57%. En menor porcentaxe o fan na súa propia embarcación, casa rural ou pensión.
Con respecto ao transporte, o 45,63% viaxa en coche, o 33,66% en autobús, o 12,06% en barco, o 2,31% chega en tren, o 2,23% en autocaravana e o 1,26% viaxa en avión. En menor porcentaxe tamén se utilizan outros medios de transporte como a bicicleta ou os desprazamentos a pé, estas dúas modalidades ligadas maioritariamente ás peregrinaxes a Compostela.
Alerta