O venres Mos abrirá o prazo de inscrición nunha nova viaxe para maiores

Compartir

Atópase incluída no programa municipal ‘É TEMPO DE VIAXAR’ e consistirá nunha excursión por Ourense, Monforte e os Cañóns do Sil con aloxamento nun hotel-balneario

 

Desde a concellería de Participación Cidadá do Concello de Mos que dirixe a edil Sara Cebreiro infórmase de que xa hai organizada unha nova excursión para maiores dentro do programa municipal ‘É TEMPO DE VOLVER VIAXAR’.

 

Para participar na próxima actividade as parsoas interesadas deberán inscribirse nela, abrindo o prazo de inscrición na mesma o vindeiro venres 5 de novembro. O devandito prazo finalizará o 15 de novembro.

 

Esta viaxe está dirixida a maiores de 55 anos, residentes en Galicia e preferentemente empadroados en Mos.

 

Neste caso consistirá nunha estancia no Balneario SPA Ribeira Sacra do 28 de novembro ao 2 de decembro. O prezo por persoa será de 222€. Suplemento individual de 110€.

 

A hospedaxe será no Hotel Balneario Augas Santas e durante a excursión realizaranse visitas turísticas guiadas a Ourense e Monforte de Lemos e farase un cruceiro polos Cañóns do Sil.