O VIII Festival das Núbebes achegará as artes escénicas aos máis cativos

Compartir
Nubebes. Fonte: Concello

Cun formato reducido e adaptado ás circunstacias, bebés e familias gozarán de 4 espectáculos con pase ás 12 e 18h

Teatro, danza, música e tradición oral da man de Caramuxo Teatro, Rilo & Penadique e Ce Orquestra Pantasma

As entradas, á venda a partir deste luns 13 en www.ataquilla.com terán un custo de 3€;  é preciso que todos os membros da familia, incluídos os bebés, teñan a súa

 

A Concelleira de Cultura, Carme Fouces presentou esta mañá a VIII edición do Festival das Núbebes, “un programa moi querido que conecta co espírito da cidade. Hai anos un xornalistas fixeran unha reportaxe de a que soaban as cidades de Galicia e Pontevedra, soa a cativos e cativas na rúa. Coherentemente con esta idea, a programación cultural infantil na cidade é numerosa, e comeza a idades moi temperás con bebés, que veñen en familia a gozar das artes escénicas. Educamos ao público dende moi novo que ao medrar vai esixindo estándares de calidade moi altos”

A Concelleira apuntou a que dada a situación actual, quixeron adaptar o formato reducindo a 4 espectáculos diferentes, que terán lugar en dous pases os días 18,19,25 e 26 de setembo, centralo no Teatro Principal e apostar exclusivamente por compañías Galegas pero sacar o festival adiante. “O ano pasado non nos quedou máis remedio que cancelar porque a situación era máis complicada, e se pola súa natureza os aforos deste festival xa son reducidos, reducilos aínda máis era inviable”

Fouces salientou á calidade das compañías seleccionadas, como Caramuxo Teatro ou Baobab, organizadores e cabeza do festival, ambos nominados aos premios María Casares que se fallarán hoxe, e deixou claro que “arrancamos con prudencia pero con forza, apostamos polo teatro Galego e agardamos que a xente se achegue a gozar destas 4 xornadas, que encherá as prazas e rúas da cidade con más son de crianzas do que habitualmente hai”

 

Sábado 18 de setembro – 12.00 h e 18.00 h

Catro de Caramuxo Teatro

Teatro e danza | De 1 a 4 anos

CATRO lados ten un cadrado, catro son as estrelas que vexo desde a miña habitación, catro os recunchos do meu lugar favorito…

CATRO é a experimentación a partir dun número que se repite na nosa vida a través do movemento coma linguaxe, como canle de coñecemento.

https://www.caramuxoteatro.com/catro

 

Domingo 19 de setembro – 12.00 h e 18.00 h

Ris Ras de Baobab Teatro

Música e teatro | De 1 a 6 anos

Pensado para enredar, rir e bailar, Ris Ras é un espectáculo musical e teatral para os/as máis pequenos/as da casa onde a palabra e as brincadeiras están presentes para levarnos á tradición oral galega.

https://baobabteatro.com/es/ris-ras

 

Sábado 25 de setembro – 12.00 h e 18.00 h

Da Lúa de Rilo & Penadique

Narración oral e música | De 0 a 3 anos

“Antes do principio do todo había a nada. Despois chegou o vento que moveu a nada. Co movemento saltaron tres chispas: A primeira apagouse e naceu a Lúa. A segunda quedou acesa e naceu o Sol. A terceira comezou a xirar e naceu a Terra. Na Terra hai un carballo, no carballo hai un niño, no niño hai unha merla que choca tres ovos…”

Da Lúa é un espectáculo de narración oral e música co que imos arrolar, contar, cantar e xogar xuntas para soñar e medrar libres!

https://www.culturactiva.org/gl/artista/rilo-penadique

 

Domingo 26 de setembro – 12.00 h e 18.00 h

A Voar de Cé Orquestra Pantasma

Concerto | Público familiar

Espectáculo divertido, dinámico e participativo baseado no conto da xoaniña Xoana, un canto ás necesidades de liberdade, movemento e xogo libre dos nenos e nenas.