30 noviembre, 2021
A presentación, organizada por Cronopios, terá lugar o 4 de decembro no Museo Manuel Torres ás 12.00 horas.
O autor estará acompañado polos xornalistas Susana Pedreira, de Onda Cero Pontevedra, e Manuel ‘Cachi’ Villanueva, de Mediaset.
O xornalista Antonio Lucas presentará o sábado 4 de decemebro ás 12.00 horas en Marín o seu debut literario, “Buena mar”, unha novela literalmente embarcada no Gran Sol, un mar sobradamente coñecido polo pobo marinense.
O protagonista da novela é un xornalista que sube a un barco con destino ao Gran Sol para coñecer como viven e faenan eses homes que pasan a súa vida en alta mar para que nós poidamos comer peixe fresco. Unha auténtica travesía cara o descoñecido, (no que respecta ao narrador), que tamén se acaba por converter nunha viaxe cara ao seu propio interior, pois todo o que coñece en terra parece estar a piques de naufragar: o seu traballo, a súa parella, a súa casa… Unha vida enteira.
Deste xeito, Antonio Lucas converte en novela unha reportaxe na que el mesmo se embarcou e na que coñeceu mariñeiros de Marín, que lle aportaron a súa visión dun oficio durísimo física e animicamente e que marcou o carácter da nosa vila.
A presentación do libro será no Museo Torres o sábado ás 12.00 horas e o escritor estará acompañado polos xornalistas Susana Pedreira, de Onda Cero Pontevedra, e Manuel ‘Cachi’ Villanueva.
Alerta