19 agosto, 2021
As festas de San Roque entran mañá da súa última fin de semana cunha axenda repleta de divertimento para todos os públicos e completamente de balde. Os espectáculos do Festaclown volverán a converter en pistas de circo as rúas e prazas de Vilagarcía e tamén de Trabanca Badiña, onde se representará o espectáculo “Clowtamination”. A artista vilagarcián Catuxa Salom actuará na Alameda no ciclo “Son da Casa” para amosar a súa innovadora música mestura da tradición galego-portuguesa e dos ritmos electrónicos, e o pegadizo “Juramento eterno de sal” de Álvaro de Luna soará no Parque da Xunqueira a partir das 23.00 horas. Os pasacalles dos grupos de gaitas locais completan o programa do venres 20 de agosto.
O XURAMENTO DE SAL DE ÁLVARO DE LUNA SOARÁ NA XUNQUEIRA O DÍA QUE O FESTACLOWN ATERRIZA EN TRABANCA BADIÑ
Axenda de mañá
11:00 – Parque Doutor Caurús (Trabanca Badiña) Festaclown Social: Clowntamination Compañía: Rudi Dudi
Tipo espectáculo: clown. Duración: 50 minutos
Rudi Dudi, no seu personaxe “O home máis forte do mundo”, ás veces tenro e inseguro e outras romántico e atrevido, tenta romper os moldes xogando co absurdo.
Coa súa arte sedutora consegue atrapar a un público sen límite de idade, convidándoo a participar e axudar no imposible, logrando que quen ten a sorte de velo perda a noción do tempo e gañe un sorriso. Un espectáculo dinámico e interactivo deseñado para salas e exteriores.
Entrada de balde ata completar aforo, 20 minutos antes da actuación.
12:30 – Praza Ravella Superroquiños Espectáculo: El Gran Braulio Compañía: Adrián Conde
Tipo espectáculo: maxia Duración: 60 minutos.
Braulio é o mellor mago do mundo… o polo menos iso pensa el. E quen somos
nós para dicirlle a verdade? Así é moito máis divertido!
Chega á túa víla un mago torpe e despistado que fai ben os seus trucos e o seu espectáculo de pura casualidade.
13.30.- Rúas da cidade. Pasacalles
Grupo de gaitas Mar de Arousa
19:30 – Praza de Ravell Certame-Festaclown: Oh Pera!
Compañía: Circo Chosco
Tipo de espectáculo: circo cómico e portés. Duración: 50 min
Circo, humor, equilibrio e acrobacia … nunha ópera surrealista na que os actores se entrelazan entre si dunha forma divertida que non entende de lóxica ou de época.
Entrada de balde ata completar aforo, 20 minutos antes da actuación.
20:30 – Rúas da cidade- Pasacalles
Pandereteiras Cantareiras Bulideiras de Fontecarmoa
21:00 – Praza da II República Mostra Festaclown: Espazo Compartido
Compañía: IO
Tipo espectáculo: circo Duración: 60 minutos
Espazo Compartido nace de poñer un ser humano xunto a outro. É ese lugar onde un acaba e outro empeza. É a poesía do corpo e os propios límites, o risco que supón darse a coñecer e exceder o medo para perderse en alguén, reinventarse unha e outra vez a través dos demais. Un espectáculo sensitivo, poético e dinámico. Unha investigación da comunicación espacial e corporal que crea un universo único de expresión, resultado da procura do circo como linguaxe en si mesmo. Os artistas non só utilizan a técnica para transmitir, senón tamén para aflorar un eu íntimo a través dela. Espazo Compartido é un estado de ánimo que reta ao espectador para conectar coa súa esencia e a comunicarse a través dela.
Entrada de balde ata completar aforo, 20 minutos antes da actuación.
22:00 – Alameda. Concertos Son da Casa :
Catuxa Salom
Nacida en Galicia e con raíces nativo-arxentinas, a artista de Vilagarcía de Arousa, Catuxa Salom, trae unha proposta innovadora para os nosos ouvidos. Cancións en galego e portugués con potentes ritmos tribais latinoamericanos creados en directo na sea Loop Station. Unha mistura de electrónica e tradición galego-portuguesa que non deixará indiferente a ninguén.
Entrada de balde ata completar aforo, 20 minutos antes da actuación.
23:00 – Parque da Xunqueira CONCERTO
Álvaro de Luna
Álvaro é deses músicos que parecen nacer con estrela. É un líder nato, un animal de escenario, unha voz vibrante que emociona desde o primeiro verso. Canta e compón como necesidade vital desde neno, cunha paixón desmedida que lle levou a conectar en moi pouco tempo cunha lexión de fans, a virar por toda España e a soar nas principais radios do país. Entre 2017 e 2020 formou parte do grupo Sinsinati como vocalista e compositor das cancións tan exitosas como “Indios y Vaqueros”, que foi nº1 en radio e disco de platino, ou de “Cuando eramos dos”, que conseguiu ser disco de ouro. Tras tres anos como líder do grupo Sinsinati, o pasado mes de novembro, Álvaro de Luna, empezaba unha nova etapa profesional, presentando un novo single “Juramento eterno de sal”, oito veces Nº1 en radio , é dobre disco de platino e conta con máis de 30 millóns de streams en Spotify.
De balde, con reserva previa en wootick.es. Como xa aconteceu en concertos como os de Baiuca, Imaculate Fools ou Funzo & Baby Load, aínda que as entradas para o de Álvaro de Luna están esgotadas dende o primeiro día, no caso de que queden cadeiras sen ocupar á hora de inicio do espectáculo, permitirase o paso das persoas que o desexen aínda que carezan de reserva.
Alerta