8 septiembre, 2021
A actividade é de balde e poderán participar 10 persoas maiores de 20 anos
Impartirase o sábado 18 de setembro pola mañá no Auditorio e é unha das actividades organizadas na Semana Muller e Cultura organizada pola Área de Igualdade do Concello
A Área de Igualdade informa de que segue aberta a inscrición no obradoiro “Reinventar a tradición con sentido do humor” que a narradora oral Paula Carballeira impartirá sábado 18 de setembro no Auditorio Municipal. Trátase dunha actividade organizada no marco da Semana Muller e Cultura na que poderán participar completamente de balde 10 persoas de 20 anos en diante. Os interesados poden anotarse directamente na Área de Igualdade ou a través do enderezo electrónico muller@vilagarcia.gal , presentando o modelo que estará pendurado no taboleiro de anuncios desta web.
Este orixinal obradoiro impartido pola narradora oral, actriz, directora, escritora e membro da compañía Berrobambán está dirixido ás persoas que desexen traballar desmontando estereotipos sexistas na narrativa, dado que, como o resto das actividades da Semana Muller e Cultura, ademais de visibilizar e potenciar o papel das profesionais femininas entro deste sector, ten como obxectivo afrontar dende a perspectiva humorística a problemática da desigualdade.
A Semana Muller e Cultura desenvolverase do 16 ao 24 de setembro e inclúe o faladoiro titulado “A muller e o humor na escena” e o do monólogo: “Beni Barciela: consulting feminista” a realizar o día 16 no Salón García; o espectáculo cómico feminino de micro aberto “Tremendas Comedy by”, protagonizado por Arantxa Treus; Jazmín Abuín; e Antía Costas do día 17; e a obra de teatro “Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva”, unha comedia a cargo da compañía teatral Olivas Negras que se representará o día 24 no Auditorio. Todas as actividades son de balde.
WhatsApp us