24 noviembre, 2021
O Concello de Pontevedra pechou esta mañá o prazo de presentación de propostas para executar os proxectos de ampliación da rede de campos de petanca do municipio e de reforma integral do Parque Maruxa Mallo, para os que remitiron as súas ofertas oito e nove empresas respectivamente. Segundo avanzou o tenente de alcalde e concelleiro de Deportes, Tino Fernández, “o mércores da vindeira semana serán convocadas as mesas de apertura de plicas, nas que se procederá a abrir o sobre A, de documentación administrativa, criterios de adxudicación e xuízos de valoración, (noutra xornada abrirase o sobre B, relativo ás ofertas económicas presentadas)”.
En concreto, os nomes das empresas que optan a realizar o proxecto impulsado polas concellerías de Deportes e de Desenvolvemento Sostible para dotar a rede de campos de petanca do municipio de nove novas pistas son: EC Casas, Constructora E Ingeniería Messi, Emdesfor 2002, Garocaprim, Narom SL, Naturgalia, Sodein Soluciones Integrales e Zona de Obra O Rosal. No que atinxe ao proxecto de reforma integral impulsado pola Concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural para executar un conxunto de actuacións de mellora paisaxística e da seguridade das zonas verdes e deportivas do Parque Maruxa Mallo, situado entre as rúas Diego Sarmiento Acuña, Virxinia Pereira e Pintora Maruxa Mallo, as nove firmas aspirantes serían: Cespa, EC Casas, Constructora E Ingeniería Messi, Ecogarden Galicia, Emdesfor 2002, Narom SL, Naturgalia, Sodein Soluciones Integrales e Zona de Obra O Rosal.
Tal e como lembra Tino Fernández, o Concello efectuará un investimento global de máis de 130.000 euros “en aumentar de xeito exponencial a rede de pistas de petanca de Pontevedra, que entre finais de ano e comezos de 2022 pasará das 17 actuais a 26 (incluíndo diversas melloras)”. “As novas pistas -subliña o edil do PSOE- estarán emprazadas no contorno da igrexa de Monte Porreiro (2), en Pontevedra Leste (na rúa dos Soutos, barrio da Parda), Mourente (Cons), Ponte Sampaio (A Ballota), Verducido (inmediacións da igrexa), Estribela (do lado do parque infantil de Marqués de Valterra) e Marcón (na zona do campo da festa)”.
Alerta