4 diciembre, 2024
Acompañados polo Comandante do Posto da Cañiza, Enríque Gómez Rivas, foron recibidos sobre as 13.30h polo Alcalde Luis Piña na Casa Consistorial.
Esta reunión tivo como obxectivo manter o contacto coa Administración Local para valorar conxuntamente a situación da Cañiza no edido da seguridade e o Servizo da Garda Civil.
Nesta xuntanza o Alcalde manifestou a plena colaboración da institución local coa Comandancia co obxectivo de garantir a seguridade das veciñas e veciños da Cañiza.
Ademáis o Alcalde, aproveitou o encontro para entregarlle ao Comandante do Posto da Cañiza, Enrique Gómez, un agasallo con motivo do seu ascenso a Brigada, que leva implícito ter que deixar A Cañiza. Luis Piña lle transmitiu o agradecemento do Concello pola colaboración prestada durante todos os anos destinados na Cañiza.
A visita rematou coa sinatura, no Salón de Plenos do Concello, do Teniente Coronel Xefe, Óscar Grañas, no Libro de Honra, quen deixou o mensaxe que se transcribe na súa literalidade “Con ocasión de la visita al Ayuntamiento de A Cañiza, aprovecho para mostrar el máximo cariño a su población y en especial a su Alcalde, mostrando la especial dedicación a sus ciudadanos de parte de la Guardia Civil de Pontevedra y en especial de la Compañía de Tui ( presente su Capitán) y del Puesto de A Cañiza (presente su Brigada)”.
Alerta